Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ratificada a prohibición do Cataluña-EUA

O debate sobre as seleccións nacionais chega ao Congreso

O amistoso entre as seleccións catalá e estadounidense de fútbol non se xogará en outubro, como se tiña previsto.

Redacción - 11:45 18/09/2007

No mesmo día en que no Congreso español van debater sobre as seleccións deportivas, a petición de CiU e ERC, a RFEF vaille mandar un fax á federación catalá para informala de que non se vai seguir adiante co partido de fútbol programado entre os cataláns e os estadounidenses, que mudou de data e de lugar varias veces en poucas semanas.

As seleccións deportivas, a debate no Congreso

Na tarde da terza feira, os deputados en Madrid van debater unha proposición non de lei sobre as seleccións deportivas, presentada polos dous partidos cataláns con representación no Congreso, CiU e ERC, e na que se demandan que o estado non interfira nas competencias exclusivas da Generalitat de Cataluña en materia de deportes e que se supriman as penalizacións aos deportistas que se neguen a xogar nunha selección, -a primeira, proposta de CIU e a segunda de ERC.

As propostas dos partidos cataláns
ERC, ademais de propor a participación á vontade nas convocatorias das seleccións estatais, demanda que a lexislación sexa máis respectuosa cos dereitos individuais dos deportistas.

O grupo de CiU propón crear na lei española de deportes unha disposición adicional que estableza que todos os preceptos desta norma non deben prexudicar as competencias exclusivas das comunidades autónomas en materia de deportes. Ademais, CiU quere defender en Madrid a capacidade das federacións, como entidades privadas, de integrarse nas correspondentes federacións internacionais e representar os respectivos ámbitos xeográficos de actuación dos organismos olímpicos ou federativos.

O posicionamento da Plataforma pro Seleccions Esportives Catalanes

Xusto antes deste debate, a Plataforma pro Seleccions Esportives Catalanes remitiu un comunicado no que quere deixar claro que "as federacións internacionais deportivas son entidades privadas que non dependen de ningún estado nin de ningún organismo superior", e demanda tanto "aos partidos políticos, como ás institucións e ás persoas influentes, que actúen conxuntamente para conseguir o recoñecemento internacional" da selección catalá.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: