Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROCEDENTE DUNHA GRANXA DE PORCOS

Un vertido de xurro nun río de Melide mata máis de tres mil troitas

O concello cualifica os feitos de “moi graves” e anuncia unha investigación a fondo.

Redacción - 17:09 17/09/2007
A Asociación Río Furelos recolleu numerosas troitas mortas

A Asociación Río Furelos recolleu numerosas troitas mortas

O río Catasol, en Melide, sufriu a semana pasada un grave vertido que matou alomenos 3.000 troitas. Todo apunta a que a contaminación se debeu ás emisións duha granxa porcina. Dende o goberno local, que preside a nacionalista Socorro Cea, tildan de “moi grave” o sucedido e insisten en que investigarán a fondo o sucedido, xa se entrevistaron co delegado provincial de Medio Ambiente.

No encontro tamén estiveron presentes membros da Asociación Río Furelos, que durante a pasada semana recorreron todo o río. O presidente deste colectivo de troiteiros, Xavier Pazo, cre que o cauce vai tardar máis de tres anos en recuperarse.

Os colectivos ecoloxistas lembran tamén que as emisións de xurros e abonos aos ríos galegos seguen a ser, canda os vertidos industriais, os principais problemas de contaminación fluvial no país.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: