Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

O Campionato Galego de BTT celébrase en Maceda este domingo

Organizado polo Clube Ciclista de Maceda e o concello, a competición desenvolverase polos bosques da zona.

Redacción - 10:22 16/09/2007
Imaxe da mesma proba, o ano pasado

Imaxe da mesma proba, o ano pasado

Este domingo, a partir das 9.30 horas, os mellores ciclistas do circuíto galego participan en Maceda no Campionato Galego de bicicleta de montaña (BTT), na especialidade de maratón.

O percorrido da proba discorre polo Concello de Maceda. A saída está situada na Praza de Benigno Álvarez da capital do municipio, de onde se partirá en saída neutralizada cara o castelo medieval. Unha vez contornada a igrexa de San Pedro, farase a saída lanzada da proba.

Un xiro á esquerda por unha pista forestal levaraos cara á vila de Calvelo; polo camiño haberá varias pistas forestais e moitos vieiros de bosque, onde os adiantamentos resultarán moi difíciles. Á saída de Calvelo collerase un treito de estrada cara a Vilarellos, que se abandonará por unha pista en dirección a Casasoa, con novos camiños de bosque.

Dalí, chegarase a unha pista de grava miúda, recentemente arranxada, que se deixará ao pouco, para meterse de novo entre camiños de bosque autóctono que chegan até San Cristovo. Posteriormente, o percorrido seguirá por varias aldeas e vilas da zona, até volver cara a Maceda, onde terminará.

Trátase, en resume, dun circuíto técnico e divertido de vinte quilómetros, con estradas, pistas forestais, e, sobre todo, camiños de bosque que cómpre percorrer ben rápido, porque o primeiro en chegar convertirase en campión de Galiza.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: