O curso empeza quente, con dúas novidades musicais ben agardadas: o trío compostelán de power pop
The Homens non ha tardar en presentar
Tres, o seu novo traballo en formato vinilo, ademais de cedé e mp3, editado por
Falcatruada e cocido no mes de xullo en Sant Feliu de Guíxols, no forno dos estudios
Ultramarinos Costa Brava de Santi García (guitarra e voz de
No More Lies), de onde saíron traballos como os de
Tokio Sex Destruction, Charades ou
Nueva Vulcano, entre outros grupos da escena alternativa catalá. O 15 de outubro poderemos atopalo nas tendas, pero mentres facemos boca podemos ir picando unhas luriñas...
En outubro chegará tamén o novo disco longo de
Fanny & Alexander, editado no netlabel
A Regueifa Plataforma.
Finais dos 70 e comezos dos 80 recolle nove temas, entre elas dúas versións, de Fuxan os Ventos e The Smiths. Continúan coa tónica de
Lusco e Fusco, mesturando pop, electrónica, rock, hip-hop e música tradicional galega. Para as letras adaptan textos de Elvira Riveiro, Pilar Pallarés, Daniel Salgado, Carvalho Calero e Lois Pereiro. O primeiro single,
Danzarei para ti (se botas outra moeda), xa pode escoitarse no seu
Myspace, mirarse en Youtube e escoitar en mp3: