Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
fútbol sala

Venancio López é o principal candidato para ser o novo seleccionador estatal

A Federación Española de Fútbol aínda non se pronunciou, pero parece haber moitas posibilidades de que López, director deportivo do Lobelle, sexa o próximo seleccionador.

Redacción - 11:28 13/09/2007
Venancio López

Venancio López

O ex seleccionador Javier Lozano, que pasou a formar parte do cadro do Real Madrid de fútbol sala, entregoulle un informe ao presidente da Federación, Ángel María Villar, no que propoñía a López, director deportivo do Lobelle, como a súa primeira opción.

A cousa podería estar resolta entre a quinta e a sexta feira, xa que está previsto que se anuncie a listaxe de convocados para os partidos amistosos dos días 24 e 25 do mes en curso, fronte a Uzbekistán.

No Lobelle aínda non pensaron en buscarlle un substituto a López, mais aseguran terlle deixado as portas abertas ante a posibilidade de que o escollan a el.

Os outros dous posíbeis candidatos para o ex seleccionador son Pulpis, o actual adestrador do Lobelle, e Miguel Rodrigo, adestrador do Caja Segovia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: