Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DURANTE DÚAS FINS DE SEMANA DE OUTUBRO

Ourense acollerá as primeiras xornadas galegas sobre software libre no ensino

Trátase dun evento organizado polo grupo ourensán de usuarios de software libre, o OUSLI

Redacción - 09:09 13/09/2007

A Asociación Cultural Ourensana de Software Libre (OUSLI) organiza en Ourense as primeiras xornadas que se programan no país en torno a aplicación dos programas abertos nas aulas.

A organización pretende "proporcionar un punto de encontro onde estudantes, docentes, investigadores e profesionais das TIC tomen contacto e coñezan experiencias educativas con Software Libre". Para logralo, OUSLI anuncia a presencia de relatores procedentes de varias autonomías.

A cita será durante dúas fins de semanas de outubro (os días 5, 6, 19 e 20 dese mes) na capital das Burgas. O prazo de inscrición remata o día 1 de outubro, cun prezo de 40 euros para o público en xeral, aínda que hai descontos para estudantes.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: