Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
son os activos encubertos

Medio millón de xubilados traballan ilegalmente no estado

Representan o 20% dos 7 millóns e medio de pensionistas e case o 12% deles son prexubilados, aos que non lles chega a pensión.

Redacción - 13:05 12/09/2007
No estado español hai 7 millóns e medio de xubilados

No estado español hai 7 millóns e medio de xubilados

Todos eles esténdense por amplos sectores da economía, como a construción, a hostelaría, os servizos financeiros, fiscais ou as empresas tecnolóxicas, e o 12% procede de procesos de prexubilación, uns 800 mil, en total.

Estas son as relevantes conclusións do chamado informe sobre A xestión dos ingresos e os gastos por parte dos pensionistas de todo o estado, elaborado pola Asociación GID con financiamento da Seguridade Social dentro do programa de Fomento da Investigación da Protección Social.

O estudo, de xeito moi claro, sinala que a prexubilación é a causa fundamental de que medre a economía somerxida entre os pensionistas, debido sobre todo á máis que frecuente práctica empresarial de despedir mediante incentivos aos traballadores maiores -normalmente, a partir dos 50 anos-, para reducir ou ter cadros de persoal máis novos, sen chegar a xerar un conflito laboral.

10 prexubilados por cada traballador maior de 65 anos

No informe vén reflectido un dos paradoxos da Seguridade Social polo que "aparecen dez prexubilados por cada persoa que prolonga a vida laboral alén dos 65 años". A isto acrecéntase que "unha parte importante dos pensionistas; en especial, os que proceden da prexubilación, realizan algún tipo de traballo en negro".

Son activos encubertos, "radicalmente encubertos", segundo di este informe, porque permanecen opacos a Facenda e á SS. Deste xeito os prexubilados que seguen a traballar evitan que lles quiten as pensións.

Demasiado novos para a xubilación

O informe tamén salienta que, ao se xubilaren os traballadores tan novos, aínda están en "bo estado físico e intelectual" para procurar outras ingresos alternativos a tempo completo ou parcial. Mesmo son sinalados como unha das razóns fundamentais do crecemento da pequena e mediana empresa tecnolóxica e axudan a coñecer unha parte importante da economía somerxida do estado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: