Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA A INDEPENDENCIA

O parlamento de Flandres bota abaixo unha proposta de referendo de autodeterminación

Os grupos flamengos non quixeron apoiar a iniciativa da formación Vlaams Belang.

Redacción - 10:58 11/09/2007

A formación independentista Vlaams Belang (Interese Flamengo) presentou este luns unha proposta para celebrar un referendo de autodeterminación. Vlaams Belang  buscaba abrir novas fendas entre os partidos flamengos e valóns, que dende hai tres meses non chegan a trato para formar goberno en Bélxica.

Aínda que Vlaams Belang é a primeira forza no parlamento flamengo, está aillada polos demais partidos debido a que ten un ideario próximo á estrema-dereita con posicións cualificadas de xenófobas. Porén o parlamento flamengo resolveu esixir máis competencias.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: