Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Audiovisual

A TVG volve á ficción con 'Efectos secundarios'

O equipo de Pratos combinados produce unha nova serie protagonizada por Isabel Blanco e ambientada nun centro de atención primaria.

Redacción - 11:02 10/09/2007
Os actores da serie / Foto: TVG

Os actores da serie / Foto: TVG

A Galega estrea este luns unha nova serie de produción propia. Despois do remate de Pratos combinados, en maio do 2006, despois de once anos en antena, chega Efectos secundarios, dos mesmos creadores. Xosé Cermeño, autor da idea, e Xosé Arias, produtor executivo, son os artífices dunha comedia que, desta volta, se desenvolve no centro de saúde dunha vila.

Protagonizada por Isabel Blanco, que interpreta o papel de Alicia Sampaio, conta tamén coa participación de Ernesto Chao, que agora non será Miro Pereira, senón Gonzalo, o mentor de Alicia; Iolanda Muíños, Manuel Millán, Josito Porto, Mónica Caamaño, Evaristo Calvo e Gloria Ferreiro, entre outros.

Con Efectos secundarios, que se emitirá, en principio, as segundas feiras ás dez da noite, a televisión autonómica volve apostar pola ficción do país para o horario de máxima audiencia, despois dun tempo sen apenas estreas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: