Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓN CONTRA A CONSERVEIRA GALEGA

Denuncian que Calvo usa militares para reprimir aos sindicatos no Salvador

Detectores de mentiras e control de acceso aos cuartos de baño son algunhas das prácticas denunciadas polo Sindicato Xeral de Traballadores da Industria Pesqueira e Actividades Conexas

Redacción - 10:00 09/09/2007
Guardia armado na factoría de Calvo / Foto: SGTIPAC

Guardia armado na factoría de Calvo / Foto: SGTIPAC

O Sindicato Xeral de Traballadores da Industria Pesqueira Actividades Conexas (SGTIPAC) ten en marcha unha campaña en contra das “prácticas antisindicais” da conserveira Calvo no Salvador. O Sindicato denuncia que a empresa galega usa gardas armados, e mesmo chegou a solicitar ao Goberno a intervención dos militares, para “non permitir máis actividades de propaganda do sindicato lexítimo nos arredores da fábrica ou a visita de sindicalistas estranxeiros”.

Segundo o
SGTIPAC a compañía despediu a algúns dos seus sindicalistas e está a promer un sindicato vertical para calmar as protestas no porto de la Unión.

Condicións hixiénicas
Entre as prácticas denunciadas, destacada o encadeado dos baños da factoría, para impedir que os traballadores acudan libremente ao lavabo sen o control dun supervisor. “Que pensarán os consumidores cando saiban que na planta de El Salvador as traballadoras defecan no chan porque os baños están con candados?”, pregúntase a web do SGTIPAC.

Polígrafos para detectar sindicalistas
Segundo representantes dos traballadores, a empresa chegou a someter aos traballadores a polígrafos para descubrir que persoas participaban nas mobilizacións sindicais. A organización tamén alerta que o grupo galego está a utilizar bandeiras de conveniencia nos seus buques.

O Sindicato di que xa se produciron varios accidentes laborais nos barcos. “O
obxectivo de Calvo é buscar man de obra barata, non traer mellores condicións para os traballadores nin para os países nos que se instala”, conclúe o SGTIPAC.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: