Considerado unha das figuras máis importantes da historia do 'bel canto'
Con 71 anos e vítima dun cancro, Luciano Pavarotti finou ás cinco da madrugada deste xoves nun hospital de Módena. O tenor, que levaba dous anos retirado da vida pública por mor da doenza, é unha das figuras máis importantes da historia da ópera.
Pavarotti destacou pola súa versatilidade e pola capacidade que tivo tamén para popularizar a ópera. Cabe lembrar que ten colaborado con músicos tan diversos coma Sting, Frank Sinatra, Sepultura ou U2.
Poden ver no Youtube varias interpretacións do tenor italiano: "Aida" de Verdi ou “Too Much Love Will Kill You” cos Queen.