Unha publicación en liña clasifica os achados de internautas co software da empresa estadounidense.
O 'coello rosa' está en Italia
A web de PC World recompila algunhas das vistas máis estrañas que se poden ver en Google Earth, o programa que amosa calquera lugar do planeta dende o aire por medio de imaxes tomadas por satélite. Usuarios de todo o mundo inspeccionan cada cunca de terreo na busca do máis raro, sorprendente ou curioso, unha actividade que xa se está a converter case nun novo deporte.
Na escolla inclúense detalles como un terreo que semella un indio cuns auriculares, un coello xigante feito por artistas austríacos, un enorme retrato da presentadora estadounidense Oprah Winfrey ou unha impresionante aproximación a unha manda de dez elefantes.