Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
PROPOSTA A DEBATE EN SETEMBRO

Bugallo quere publicar na rede as propiedades dos concelleiros de Santiago

Os mandatarios da capital de Galiza serían os primeiros de todas as cidades do país en usar internet para dar a coñecer o seu patrimonio

Redacción - 14:58 29/08/2007

O alcalde do Concello de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, planea publicar o rexistro de propiedades dos concellais na web municipal. A lei obriga aos concellos a redactar este rexistro, pero non a publicalo en liña.

Segundo informa El Correo Gallego, ningunha das sete grandes cidades ten publicado estes datos no ciberespazo.

Bugallo pretende debater a publicación en setembro, para publicar as súas propiedades e as dos seus compañeiros de corporación durante o mes de outubro.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: