Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A POPULARIDADE DO FIREFOX EN GALEGO É MOITO MENOR

O OpenOffice en galego "factura" oito millóns ao ano

Esta é a cantidade que se terían gastado os 42.000 galegos que baixaron o paquete gratuíto de ter comprado o Microsoft Office

M.V. - 17:24 28/08/2007

A versión en galego do paquete informático para a oficina máis popular do software libre, o OpenOffice, foi descargada máis de 40.000 veces en pouco máis dun mes. Así o indican datos de Mancomun.org, a iniciativa pública galega a prol dos programas abertos.

En concreto, entre o 10 de maio de 2006 e o 15 de xuño de 2007 o OpenOffice en galego e os paquetes para “traducilo” ao idioma do país foron instalados 42.678 veces.

O impacto real deste volume de descargas pódese entrever tendo en conta que o Microsoft Office -o principal rival de pago do OpenOffice- custa, nunha versión básica, uns 200 euros. É dicir, que se todas as persoas que descargaron o paquete de software libre tivesen comprado a suite de pago, Microsoft tería facturado en Galiza máis de 8 millóns de euros en pouco máis de 30 días.

Porque o Firefox en galego non despega?
O éxito do OpenOffice contrasta coa pouca difusión do Mozilla Firefox en galego. Segundo datos publicados na revista Díxitos do CESGA, unicamente 3.040 persoas descargaron a extensión que traduce o popular navegador, no mesmo período de tempo, entre o 10 de maio e o 15 de xuño deste ano.

Unha posíbel razón é que, en realidade, non existe un Firefox en galego, se nón unicamente un 'complemento' para traducilo. É dicir, primeiro cómpre instalar o navegador noutro idioma, e a continuación instalar o paquete idiomático que o traduce ao idioma do país.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: