Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EDUCACIÓN BÁSICA

Catro de cada dez alumnos franceses rematan os estudos primarios con graves dificultades para ler e escribir

Un informe asegura que os rapaces tampouco adquiren os coñecementos matemáticos máis básicos

Redacción - 11:32 28/08/2007

O Alto Consello da Educación (HCE) francés vén de entregarlle ás autoridades o seu informe anual. O organismo detecta carencias moi preocupantes no ensino primario. Segundo o estudo, catro de cada dez rapaces rematan esta etapa formativa sen ter apenas desenvolta a lectoescrita e as operacións matemáticas básicas.

Os expertos coidan que estas lagoas educativas van supór un fracaso escolar noutras etapas do ensino. Os principais sindicatos coinciden co informe pero discrepan co feito de que non se fagan distincións entre os diferentes graos de aprendizaxe do alumnado.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: