Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
IV Premio Arume

A Fundación Neira Vilas premia a mellor poesía infantil

O certame, creado para fomentar a composición lírica destinada aos escolares, está dotado con 1.500 euros e mais a publicación da obra gañadora.

Redacción - 18:14 27/08/2007
Logotipo do premio

Logotipo do premio

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a cuarta edición do Premio Arume de poesía infantil. O certame, de carácter bienal, está dotado cun primeiro premio de 1.500 euros máis a publicación en Ediciós do Castro. Até agora, as convocatorias foron un éxito, con máis de medio cento de obras presentadas.

Coa convocatoria, a fundación pretende fomentar a creación dunha poesía infantil, pensada para ser lida e recitada en galego para a poboación en idade escolar como un reforzo dos contidos educativos. A iniciativa está canalizada polos especialistas da fundación, coordinados por Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas. O prazo de recepción de orixinais remata o 31 de outubro e a entrega terá lugar no mes de Nadal.

A presentación do premio, no Club Internacional de Prensa, serviu tamén para dar a coñecer o funcionamento da fundación. O centro cultural, situado na Casa do Romano, en Gres (Vila de Cruces), está situado a distancia dos núcleos urbanos, habituais xeradores e aglutinadores de cultura, e fomenta o aprecio ao propio e á relevancia da aldea.

Constitúe tamén un referente para a Galiza na emigración. Neira Vilas decidiu volver á terra para facer un labor coa xente nova dos lugares de onde el naceu, abrindo unha biblioteca e organizando actos coa axuda da fundación na que colaboran, entre outros, a súa dona, Anisia Miranda.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: