Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis de sete mil dispositivos en todo o Estado

A teleasistencia protexe 271 mulleres contra a violencia de xénero

O proxecto de protección contra os agresores mantén conectadas case trescentas mulleres galegas con persoal policial especializado.

Redacción - 09:30 27/08/2007

Trátase dun teléfono móbil conectado directamente, e de xeito permanente, co servizo policial encargado da loita contra a violencia de xénero. Ademais, os dispositivos contan cun "botón de alarma" que a muller pode premer en caso de perigo estremo e que pon en alerta de xeito inmediato o centro de atención sen necesidade de máis explicacións.

En Galiza son 271 mulleres as que contan con este teléfono como garante de protección contra a ameaza das súas ex parellas. No conxunto do Estado son un total de 7.400, a maior parte en Madrid (1.427), seguida de Andalucía (1.413), Comunidade Valenciana (1.362), Cataluña (887), Canarias (645) e Asturias (376).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: