O goberno español insiste en que os escapes que aínda proseguen “non supoñen perigo para o ecosistema”
O Consello de Ministros aprobou este venres destinar 7.242.000 euros para sufragar un estudo do Prestige. O goberno español destinará robots para comprobar as fugas do petroleiro afundido en novembro de 2002 fronte as costas galegas. A empresa Repsol será a encargada de levar adiante a tarefa.
Case cinco anos despois, o executivo estatal lembra que aínda existen fugas aínda que as fontes gubernamentais insisten en que “non supoñen perigo ningún para os ecosistemas da zona”