O novo goberno municipal, composto por socialistas e nacionalistas, decidiu acabar coas subvencións.
A organización política Galiza Nova ben de mostrar a súa satisfacción polo feito de que “por primeira vez nestes últimos catro anos, no marco da celebración das festividades de San Bartolomeu de Noia, que se celebran esta mesma semana, non vai haber oportunidade de acudir á celebración de sacrificios públicos de touros na localidade”.
A suspensión da tourada ten moito que ver coa decisión do novo goberno local (PSdeG-BNG) de non destinar cartos públicos en forma de subvención. Agora, dende Galiza Nova queren que o executivo dea un paso máis aló e declare “anti-taurino” o municipio de Noia.