Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tempos Novos

Xestionado por Tempos Novos
RSS de Tempos Novos
TODO É PEIXE

Verán atípico

Un artigo de Leo F. Campos ilustrado por X. Carlos Hidalgo.

TEMPOS Novos - 10:57 23/08/2007

"Veraneo" sempre me pareceu un castelanismo. Neste país de servizos, onde están os apartamentos ao pé da praia que regalan en Madrid por mercar un piso, non acaba de chegar o verán, pero xa hai anos que pasa.

No noso vran, a gana de cantar e bailar paridas rimadas loita dialecticamente coa festa combativa de cada festival de cada aldea; os solpores californianos televisados, co lusquefusque por tras das Ons; o hórreo do Apologhit é unha palafita do Pacífico; e en cada encontro agroma unha metáfora.

No canto de sexo, temos tangas e "efecto pinocho". No sitio de vixilantes da praia, chulopiscinas. En vez de rodeo, rapa. Pasamos de descapotables polo Noitebús. Para viaxar, de camareiro/a ás Canarias. Na Mariña, d'Ouro fanse algúns. As palmeiras viran viñas, canavais, millo, piñeiros. Rosalía baila o merengue. E para deporte náutico, saír regatear na Reganosa World Cup.

E Os Outros tampouco non zafan: mandrís, manzanillos, fodechinchos...

Artigo publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 123, agosto de 2007)


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: