A empresa coruñesa Lambdastream participa activamente na International Broadcasting Convention que se organiza en Amsterdam en setembro
A firma galega LambdaStream colaborará coa organización da International Broadcasting Convention (IBC), que terá lugar en Amsterdam do 6 ao 11 de setembro. LamdaStream encargarase da transmisión para os móbiles dos contidos da feira, segundo un comunicado remitido pola compañía.
O IBC é un dos principais eventos da industria da televisión e das telecomunicacións en Europa. Así, agárdase contar coa asistencia de máis de 45.000 persoas en 130 países.
A través dunha colaboración coa empresa Sidsa, a firma coruñesa permitirá que os participantes poidan seguir en vivo e en directo distintas canles de televisión que emiten as conferencias que se realizan con motivo da feira.
Vocación internacional
Lambdastream é unda das compañías líderes no mercado de televisión a través de internet e para os teléfonos móbiles, segundo explicou o seu director comercial, Jesús Fernández nesta entrevista. A compañía, nacida na Facultade de Informática da Coruña, participa nos mercados deste sector en España, Rusia e Extremo Oriente.