Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avellentamento do país

Un 30% dos galegos xa ten máis de 60 anos

Hai cen anos, esa taxa era de apenas o 9%. Investigadores composteláns consideran que a situación faise máis grave pola nova vaga de emigración da mocidade.

Redacción - 09:30 21/08/2007

A evolución débese ademais á caída da natalidade e ao aumento da esperanza de vida. Así, segundo os datos manexados polos historiadores, a finais do século XIX a porcentaxe de poboación que en Galiza superaba os 60 anos movíase entre o 9 e o 11%, cifra que se mantivo até 1940 e que agora chimpou ao 30%.

Un equipo de historiadores, sociólogos e xeógrafos da Universidade de Santiago, coordinados por Isidro Dubert, do Departamento de Historia Moderna, realizou un estudo ao respecto, atopando que a situación vai cara a un escenario máis grave debido ao crecente movemento de mozos e mozas cara ao exterior. "Isto agravará o avellentamento poboacional en Galiza", advirten, sinalando os desprazamentos da mocidade a Madrid, Barcelona e fóra do Estado español.

Lastre para o desenvolvemento
Avisan ademais da gravidade para a evolución demográfica, social, económica e cultural, un "lastre" que é probábel que continúe por moito tempo xa que "existe un problema económico de fondo non resolto".


Trátase segundo os investigadores dun movemento migratorio condicionado por unha situación onde o dilema é "ou irse fóra ou condenarse a vivir subempregados en postos de traballo pouco acordes co seu nivel de cualificación, xa sexa na empresa privada ou na administración".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: