A instalación reestreouse este mes na cidade inglesa de Brighton, da man do grupo Rough Company.
Xa se poden ver no YouTube imaxes da reestrea de Terminal, performance do grupo artístico Rough Company, do que forma parte Xelis de Toro. O evento tivo lugar o pasado día 8 na cidade británica de Brighton, na galería Fabrica.
A instalación está baseada no libro homónimo publicado por Edicións Positivas, e xa se estreara hai doce anos en Inglaterra, Bélxica e Galiza. Desta volta, a montaxe, que recrea unha terminal de viaxeiros, contou con novos artistas.