Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As lanchas bloquearon o gaseiro este venres

Os permisos para as probas de Reganosa xa "caducaron"

O Comité Cidadán de Emerxencia advirte do irregular funcionamento da planta que "sen licenza de explotación definitiva" xa inxectou gas na rede estatal.

Redacción - 09:30 17/08/2007
Tags: CCE Reganosa

Dúas ducias de embarcacións saíron na mañá deste venres para impedirlle ao gaseiro Akwa Ibom a entrada á ría de Ferrol. O buque trataba de aproveitar a preamar das 8h30 para entrar cara á planta de gas. Con probabilidade, o Comité Cidadán de Emerxencia intentará impedir a manobra do gaseiro na preamar prevista para a tarde do venres.

Permiso "caducado"
A plataforma veciñal insiste en que non debe autorizarse a acta de explotación comercial para a planta regasificadora e pídelle ás administracións implicadas que actúen en consecuencia. Recordan ademais que a última licenza para o que a empresa cualificou de "fase de probas" foille outorgada a empresa hai varias semanas e na actualidade "rematou a súa vixencia".

Por este motivo, o Comité Cidadán de Emerxencia presentou na tarde deste xoves unha denuncia no Xulgado de Garda de Ferrol. Ao tempo, envióuselle un informe á subdelegación do goberno español na Coruña onde se fai constar que caducaron as tres actas outorgadas a Reganosa para as probas. O Comité quéixase de que a planta inxectou gas na rede estatal e obtivo beneficios por esta actividade malia non contar na actualidade coa licencia de explotación definitiva.


5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: