Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VIÑETAS DENDE O ATLÁNTICO

O Prestige en cadriños e o Capitán Torrezno

Tres ilustradores estatais falarán cos afeccionados esta quinta feira. Ademais, preséntase a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e unha monografía da USC sobre banda deseñada.

Redacción - 09:30 16/08/2007
A directiva da AGPI xa se presentara na Coruña o 19 de xullo / Flickr: agpi

A directiva da AGPI xa se presentara na Coruña o 19 de xullo / Flickr: agpi

A cuarta xornada das décimas Viñetas dende o Atlántico contará coa presenza de tres expoñentes da banda deseñada estatal. Juanjo Sáez, Sergi San Julián e Santiago Valenzuela participarán nun encontro cos afeccionados a partir das oito do serán.

Media hora antes, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) fará a súa presentación pública, xusto despois de que se dea a coñecer unha monografía da USC sobre banda deseñada galega. As presentacións e as charlas terán lugar no Quiosco Alfonso.

Juanjo Sáez, gañador do primeiro premio do Festival de Publicidade de San Sebastián, foi tamén galardoado con dous premios Junceda, ao mellor libro para adultos por Vivir del cuento e á ilustración multimedia, pola web do proxecto Educalia. É autor, ademais, de Buenos tiempos para la muerte e do libro infantil Dentro del sombrero.

Sergi San Julián representa a nova xeración de autores estatais que triunfan en Francia. O ilustrador presentará o seu último traballo, A conta atrás, sobre o desastre do Prestige, no que colabora co guionista Carlos Portela, codirector de Viñetas.

Santiago Valenzuela é coñecido polo seu personaxe Capitán Torrezno, protagonista de varios títulos. A súa última obra, O gabinete do doutor Salgari, publícase este verán.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: