Els Segadors soará no Estadio de Wembley o vindeiro 25 de agosto ante a raíña Isabel II e 80.000 espectadores máis, durante a final da Carneige Challenge Cup de rugbi.
Os Dragons conseguiron pasar á final, e enfróntanse contra o Saint Helens RLC, nun partido que media Europa vai retransmitir en directo, tras o que poden chegar a ser o primeiro equipo non británico que gañe esta copa, unha das competicións máis impostantes deste deporte no continente.
Ao berro Catalans, Catalans! os Dragons traballan tamén na Plataforma Pro-Seleccións Catalás e moitos deles xogan na selección. Nos próximos días os directivos do equipo presentarán todo o que teñen preparado para representar a cataluña ante toda Europa, e na vindeira semana, os xogadores viaxarán a Londres.