Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Mundiais de piragüismo de Duisburg

David Cal logra o pasaporte para Beijing 2008 tras gañar o bronce en 1.000 metros

Tras un inicio de proba onde preferiu conservar forzas, o galego realizou un espectacular sprint nos últimos 50 metros para se meter entre os tres primeiros.

Redacción - 10:15 12/08/2007

O campión olímpico David Cal logrou este sábado a medalla de bronce na distancia de 1.000 metros nos Mundiais de Piragüismo que se están a disputar esta fin de semana en Duisburg (Alemaña), onde a medalla de ouro recaeu no húngaro Attila Vajda e a prata no eslovaco Marian Ostrcil, fóra de todos os prognósticos.

Cal tivo que sacar o mellor de si mesmo no tramo final da competición, pois a piques estivo de pagar unha táctica conservadora no inicio da carreira, que lle mantivo afastado dos primeiros lugares até ben entrada a carreira.

Con todo, o seu sprint final foi inmellorábel e logrou desbancar a falta de 50 metros ao alemán Andreas Dittmer, aínda que o ouro e a prata xa estaban demasiado lonxe do galego. Porén, este resultado dálle a clasificación para os Xogos Olímpicos de Beijing 2008.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: