Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Comezou o Manicómicos

Os pallasos e artistas de rúa do mundo xúntanse na Coruña

Despois de intensas semanas de clown e teatro de rúa, co Festiclown en Compostela, agora tócalle á Coruña organizar o seu IV Manicómicos, o de verán.

Redacción - 18:30 10/08/2007

O Manicómicos de verán comezou a quinta feira 9 de agosto, e hase prolongar deica o día 12, enchendo as prazas coruñesas de teatro cómico de rúa un ano máis, e xa van catro.

Circo Cilipardo, Casi que si, Mina, Circonchita, Cirnacelo, Ashafán III, Trotonix, El más revuelto, Dj Capuzzi & Señorita X... son algúns dos actores, actrices, faranduleiros e reis e raíñas do teatro cómico e xestual que chegados de partes do mundo tan distantes da Coruña como Arxentina, Londres ou Badaxoz han entreter e facer rir aos paseantes da cidade até o vindeiro domingo.

Todas as tardes hai actuacións, a partir das 19:00 e até as 21:00 horas en varias rúas e prazas da cidade. O venres e o sábado tamén haberá noites de circo e cabaré na sala El Teatro, e o sábado á noite está programada unha gran festa-verbena con actuacións sorpresa, na Sala The Star, en Carral.

Este é o Manicómicos de verán, porque este ano a Asociación Cultural Manicómicos, que organiza todo o tinglado, ten pensado facer un outro festival de inverno, que comezaría aló por marzo, e que sería xa non na rúa, mais en varias salas da cidade. Os Manicómicos levan no allo, organizando todo, dende comezos de ano, facendo marabillas cos cartos que lles dá a Deputación e mailo Concello da Coruña, visitando outros festivais, contactando con artistas... para que, durante cinco días algunhas das mellores compañías de teatro de rúa estean, cos seus espectáculo, na rúa, na Coruña.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: