Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Organizan o CPXG E A CONSELLaRÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

Compostela acollerá en setembro o primeiro Foro de Comunicación e Ciencia

Destacados expertos da divulgación científica e profesionais da comunicación daranse cita no primeiro encontro deste tipo que se celebra en Galiza.

Redacción - 09:45 12/08/2007

Este foro, que se desenvolverá o 28 e 29 de setembro, vaise converter nun punto de encontro e de debate sobre o papel da comunicación científica na sociedade actual, e nace cos obxectivos de favorecer o contacto e o coñecemento mutuo entre xornalistas e científicos, para, por unha banda, convencer os científicos sobre a necesidade de comunicar os seus achados, e e proporcionarlle as ferramentas básicas para isto. E por outra, servir para interesar os xornalistas pola comunicación da ciencia e facilitarlle os instrumentos para tratar axeitadamente este tipo de información; e amosar experiencias de éxito no ámbito da comunicación científica.

No Foro han participar profesionais como Gemma Revuelta, Francisco Díaz-Fierros, Fernando Bouzas, José Pardina, Thomas Tyden, Carolina Moreno, Jorge Mira, Alicia Rivera, Luis Álvarez Pousa, Ronald Smallenburg, Anna Maria Fleetwood e Didrik Søderlind.O acto de inauguración, na sexta feira 28 de setembro, estará presidido por Fernando Xabier Blanco Álvarez, Conselleiro de Innovación e Industria, e Xosé Manuel Vega Gómez, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Coñecerase un bocado do informe do Observatorio Galego dos Medios

Durante o encontro darase a coñecer un avance do informe sobre o tratamento da ciencia nos medios de comunicación que está a realizar o Observatorio Galego dos Medios do CPXG para a Consellaría de Innovación e Industria. Obradoiros, foro de debate... compartindo experiencias

O programa conta con obradoiros nos que se abordarán casos prácticos e nos que se debaterán aspectos tratados polos poñentes principais. Varios representantes de varias plataformas europeas de comunicación científica en Internet estarán tamén no Foro para contar as súas experiencias.

A inscrición é gratuíta e as prazas, que son limitadas, cubriranse por rigorosa orde de chegada. Os interesados deben enviar un correo electrónico a xornalistas@xornalistas.com, ou chamando, a partires do 27 de Agosto, ao número 981 935 670.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Este foro servirá de ponte entre os traballos de cieníficos e xornalistas
Este foro servirá de ponte entre os traballos de cieníficos e xornalistas