Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A área queimada é catro veces inferior á de 2006

Este ano houbo menos incendios forestais en Portugal que en calquera dos anos anteriores

Até o 31 de xullo, os incendios rexistrados en Portugal consumiron un total de 5.086,81 hectáreas, vinte veces menos que en 2004, o peor dos últimos seis anos.

Redacción - 11:20 08/08/2007

Un documento provisional da Direcção-Geral dos Recursos Florestais divulgado na cuarta sobre os incendios rexistrados durante os meses de xaneiro a xullo conclúe que en Portugal teñen ardido menos hectáreas que calquera dos anos anteriores. Aínda que se rexistraron 4.529 lumes rexistrados até a data, mais 571 foron incendios forestais, con máis dunha hectárea ardida, e 3958 foron lumes pequenos.

Os distritos con máis área queimada son ámbolos dous no Alentejo: un é Portalegre, onde nos últimos sete meses arderon 1318,21 ha; e o outro é Beja que perdeu 1247,43 ha de área forestal.

Polo seu lado, os distritos de Braga e de Vila Real rexistraron o maior número de incendios forestais, 81 e 70 respectivamente.

O relatorio da Direcção-Geral dos Recursos Florestais portuguesa subliña que o "total rexistrado para cada unha das dúas categorías (lumes declarados e área queimada) está por baixo dos valores verificados en calquera dos anos anteriores", recalcando que "das análises mensuais de 2007 conclúese que o número de lumes rexistrados é sempre inferior aos valores medios mensuais en cada un dos 5 anos anteriores".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Até setembro, en Portugal está prohibido todo isto que hai arriba indicado preto dos montes
Até setembro, en Portugal está prohibido todo isto que hai arriba indicado preto dos montes