Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Activismo toponímico

Un blog recompila os indicadores corrixidos das estradas

A bitácora 'Sinaliza!' pretende completar un álbum fotográfico das placas de todos os concellos do país adaptadas ao seu nome histórico.

Redacción - 11:25 06/08/2007
Corrección da placa de San Cristovo, en Compostela / Foto: sinalizagz.blogspot.com

Corrección da placa de San Cristovo, en Compostela / Foto: sinalizagz.blogspot.com

Sinaliza! é un blog creado hai pouco que recolle esas placas indicadoras das estradas do país que foron corrixidas por activistas normalizadores. Nalgúns casos, trátase de corrixir topónimos deturpados; noutros, de adaptalos á normativa reintegracionista. De todos os xeitos, o espazo pretende recompilar imaxes de todas as comarcas.

A bitácora fai un chamamento aos internautas para que fagan as súas contribucións: “Queremos fotos de Moanha, do Porrinho, do Berzo, de Val-Boa, de Culheredo, de Silheda, de Marim, da Póvoa da Seabra, de Sam Sadurninho...” até completar todos os concellos de áreas galegofalantes, nunha reivindicación da ortografía “histórica e a forma tradicional dos nomes”.

Até o momento, hai imaxes de zonas como Ferrol e Compostela e mesmo tiradas no mesmo momento en que os activistas executaban a súa acción normalizadora.


4,5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: