Citröen Hispania, creará mil empregos fixos na súa factoría viguesa nos vindeiros dous anos. A oferta foi presentada onte pola dirección da empresa no decurso das negociacións do convenio colectivo que se manteñen cos sindicatos.
A proposta da empresa inclúe seiscentos novos contratos fixos, que se crearán tras as baixas previstas da plantiña perante os anos 1.999 e 2.000, período de vixencia do novo convenio. Tamén, a dirección da empresa, comprometeuse cos sidicatos a incrementar a plantilla fixa dos actuais traballadores en 400 máis. Citröen anunciou unha nova redución da xornada laboral en perto de trinta e dúas horas. Facía máis de oito anos que a empresa non melloraba este apartado concreto no convenio colectivo. Co respecto o tema salarial, a empresa propón un incremento do 2,1 por cento en tódolos conceptos salariais para o ano 99 e garante para o 2000 un aumento do 0,3 por cento sobre a previsión do IPC para ese ano. O Sindicato Independente de Traballadores de Citröen (SITC), con maioría no comité e as demáis forzas sindicais, UGT, CIG e CCOO, teñen previsto estudiar o documento presentado pola empresa nos proxímos días. Sobre o convenio, o secretario xeral do SITC, Juan Cantos dixo que, os obxectivos desta organización sindical, nos aspectos fundamentais como a creación de emprego e a redución da xornada se ven cumpridos nesta oferta global da empresa. Deste xeito, e dado que o SITC, ten representación maioritaria, o convenio podería asinarse nas próximas semanas.