Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Concretamente, do CHUVI de Vigo

O PPdeG acusa o Sergas de ocultar a demora asistencial real dalgúns centros

Basea a súa acusación nunha auditoría interna elaborada polo Servizo de Saúde á que accedeu "a través dos condutos oficiais que prevé o Regulamento do Parlamento".

Redacción - 14:15 03/08/2007
Hospitais do Sergas

Hospitais do Sergas

Segundo os datos feitos públicos polo voceiro de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) en especialidades como traumatoloxía rexístranse esperas de até 1.030 días; 790 días en xinecoloxía; 635 en neurocirurxía; 595 en anxioloxía; e 589 para cirurxía plástica e reparadora.

Santalices informou de que estes datos están recollidos nunha auditoría interna elaborada polo Sergas en novembro de 2006, e incidiu en que o PPdeG accedeu ao documento "a través dos condutos oficiais que prevé o Regulamento do Parlamento".

"Demora real" de 106 días

Ademais, o voceiro popular sinalou que o informe revela que a demora media real é de 106 días, en lugar dos 76 que publica o Sergas; que o 10% dos enfermos operados foron incluídos na lista de espera despois da intervención; e que o 20% dos incluídos na lista de espera non reciben documento algún que acredite este trámite.

O PPdeG considera que a "tacañería intelectual" do responsábel do Sergas en Pontevedra "inhabilítao para seguir desempeñando esa responsabilidade". Asemade, insta á Xunta a "abandonar a foguetaría mediática" e a pórse a traballar "en serio" para mellorar a asistencia sanitaria.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: