Segundo as cifras do Ministerio de Traballo, o descenso máis significativo foi na provincia de Pontevedra.
Cun descenso nas oficinas de emprego de até 1.591 persoas, Pontevedra é unha das tres provincias destacadas polo Ministerio de Traballo no inicio deste verán, xunto con Las Palmas (-2.427) e Cádiz (-2.297). No outro estremo aparece o caso de Barcelona, onde os servizos de colocación rexistraron até 8.770 novos parados.
Galiza aparece así na estatística estatal cunha redución de 3.158 persoas nas listas do paro, números que só son mellores en Canarias (-3.418) e Castela e León (-3.356). Os peores datos no conxunto do Estado están en Cataluña, con 10.085 parados máis. O balance estatal queda con 4.469 parados máis no mes de xullo, aínda que supón 15.354 desempregados máis en relación ás mesmas cifras en xullo de 2006.