Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En marcha o "cheque" prometido a comezos de xullo

Os 2.500 euros por fillo xa foron solicitados por 1.520 nais galegas

O Ministerio de Economía achegou as cifras de solicitudes recibidas até o de agora. A axuda non comezará a pagarse até o mes de decembro.

Redacción - 09:30 02/08/2007

No conxunto do Estado, e a 31 de xullo, xa se tramitaran un total de 30.451 solicitudes para a recepción desta axuda de 2.500 euros por cada novo fillo ou filla nado desde o pasado 1 de xullo.

Cataluña (5.734), Andalucía (5.245) e Madrid (5.029) son as que maior número de peticións rexistraron. A continuación aparece a Comunidade Valenciana (3.484) e no quinto lugar a nivel estatal está Galiza (1.520).

Á volta do verán, o Congreso aínda debe tramitar e aprobar a lei que asegurará este pagamento, malia que a Axencia Tributaria seguirá xestionando as solicitudes durante este tempo. O goberno español asegurou que as axudas se comezarían a cobrar antes de que remate o ano, con probabilidade durante o mes de decembro.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: