Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conclusión de un informe elaborado por Oxfam e NCCI

Un de cada tres iraquís necesita axuda de emerxencia

As administracións implicadas no Irak non fan o suficiente para atender necesidades básicas da poboación, como auga, hixiene ou alimentación.

Redacción - 12:00 30/07/2007
A poboación do Irak precisa axuda urxente

A poboación do Irak precisa axuda urxente

Segundo destaca un informe elaborado pola ONG Oxfam e a organización NCCI -ámbalas dúas a traballar en territorio árabe-, un de cada tres iraquís precisa axuda humanitaria de emerxencia, debido a que as administracións non atenden as súas necesidades básicas, xa que non lles proporcionan a auga precisa para a hixiene ou a alimentación: o 70% dos iraquís non ten subministro de auga e o 90% dos nenos enfróntase a cotío a problemas de aprendizaxe.

8 millóns de iraquís precisan axuda
Esta é unha cifra que equivale a case un de cada tres cidadáns do país árabe ocupado que están moi necesitados de axuda urxente. Se ben o que máis preocupa ao pobo é a falta de seguridade, tamén se han de enfrontar a cotío con outros problemas, como a sede ou a fame.

Segundo o informe destas dúas organizacións, catro millóns de iraquís -o 15% da poboación- non poden mercar alimentos suficientes; o 70% non ten subministro de auga -en 2003 só era o 50%-, e ao 92% dos nenos cústalles moito prestar atención na escola, debido, sobre todo, á atmosfera de medo e terror na que medran.

Millóns de desprazados e refuxiados
Máis de 2 millóns de persoas, a meirande parte delas, mulleres e nenos, foron obrigados a se desprazaren dentro do Irak, e outros 2 millóns están refuxiados, sobre todo en Siria e en Xordania.

Neste tempo, a desnutrición entre os nenos aumentou considerablemente, e os servizos básicos, arruinados por anos de guerra e sancións norteamericanas, non chegan para atender as necesidades básicas do pobo do Irak.

Dende Oxfam -ONG que ademais tivo que se retirar do país árabe, pola falta de seguridade-, sinalan que a extrema pobreza na que está sumido o pobo iraquí podería ser atallada polo goberno do país, a ONU e a comunidade internacional, pero que moitos dos organismos culpábeis non moven un dedo por axudar. O primeiro que se debería facer, segundo esta ONG, é distribuír paquetes de comida entre a xente, atendendo de primeira man, as necesidades primarias, de logo traballar dende este comezo. Tamén os "doantes internacionais" poden axudar, a través de organizacións humanitarias iraquís e internacionais.

Mais o prioritario é terminar coa guerra
Aínda que a fame e a sede deben ser atalladas canto antes, as dúas organización que elaboran este informe coinciden en sinalar que existe unha necesidade urxente de axuda humanitaria: terminar co conflito. Para elas, acabar coa guerra é a actuación prioritaria no Irak, xa que sería o mellor xeito de arranxar un pouco a situación da poboación civil.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: