Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PODERÍA ACADAR OS 50 MILLÓNS DE CLIENTES

Facebook presiona a MySpace polo liderado do negocio de redes sociais

Está roubándolle cota de mercado á comunidade social de News Corp

Redacción - 13:39 27/07/2007

Facebook está roubando cota de mercado a MySpace, a comunidade social de News Corp. Un informe de Bear Stearns sinala que Facebook elevou a súa base de clientes un 46% nos últimos cinco meses e podería acadar os 50 millóns a final de ano.

Nas últimas semanas especulouse sobre a posibilidade de que Facebook sexa adquirida por algún xigante do sector como Yahoo (que xa o intentou o ano pasado), operación que roldaría os 10.000 millóns de dólares. Pero a firma quere manter a súa independencia. Saben que o negocio é crecente. Por exemplo, algúns analistas cren que o seu rival MySpace, vai achegar 1.000 millóns aos ingresos de News Corp neste exercicio. Ademais, contratou como director financeiro ao antigo responsable neste área de Youtube.

Aínda así, hai dúbidas. Un grupo de antigos alumnos de Harvard denunciou a Mark Zuckerberg, fundador de Facebook, por un presunto roubo de ideas para crear a comunidade social. A decisión está en mans do xuíz.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: