O gaiteiro galego coa Orquestra Nacional Clàssica d’Andorra ofrecerán un concerto organizado por Intermón Oxfam
Logo dunha longa xira que o levaron por Xapón e outros lugares de Europa, Carlos Núñez volverá a Cataluña, neste caso a Peralada, no Empordà, para ofrecer un concerto solidario. Xa o ano pasado actuou na noite da solidariedade que a mesma ONG organizou no Liceu de Barcelona, compartindo escenario con Miquel Poveda, Mayte Martín, Rafael Amargo e Mónica Green.
Nesta ocasión Carlos Núñez e a orquestra andorrá interpretan bandas sonoras de películas, un programa que xa se puido escoitar o pasado decembro en Barcelona no Festival do Milenio.
O concerto solidario recollerá fondos destinados aos refuxiados de Darfur. Pódese ler unha entrevista realizada ao músico na web de Intermón Oxfam.
Concerto de Carlos Núñez e a Orquestra Nacional Clàssica d’Andorra
XXI Festival Internacional de Música Castell de Peralada
Luns 30 de xullo de 2007 ás 22:00
Auditorio dos xardíns do Castell de Peralada
Peralada, Girona