Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ceivar estuda denunciar o acontecido

Violentas cargas policiais deixan varios feridos en Compostela

De "indiscriminada" cualifican os afectados a carga policial sufrida por membros da Asembleia da Mocidade Independentista durante a noite do pasado martes.

Redacción - 10:00 26/07/2007

"Chegaron alí e arrasaron con todo; romperon material informático, carteis e levaron ou diñeiro que había", critica Óscar Gómez, voceiro do colectivo anti-represivo Ceivar.

Até tres veces e en distintos puntos da zona vella se produciron as intervencións da policía coincidindo coa convocatoria da Asembleia da Mocidade Independentista, AMI, que organizara a tradicional Rondalla en Compostela. Desde Ceivar critican en especial o acontecido na altura da Porta do Camiño, onde informan de que as forzas policiais dispararon balas de goma e bateron na xente, mesmo rachando un computador portátil e arramplando cos cartos recadados nun dos postos estabelecidos no lugar durante a tarde.

O colectivo anuncia que acumulará información sobre as persoas que resultaron feridas nas sucesivas cargas acontecidas no contorno da Praza do Obradoiro, Praza de Praterías, Praza de Cervantes e Praza 8 de marzo. "Estamos a traballar cun equipo xurídico para analizar a presentación de denuncias nos próximos días", comunican.

Máis información en Galizalivre.com. Tamén poden ver máis imaxes en Gzifoto.com.


4,63/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: