En Galiza están o 16% dos treitos máis perigosos a nivel estatal.
Os catorce quilómetros da N-550 entre o cruce coa N-552 e o enlace coa N-120, en Pontevedra; os dez quilómetros da N-6 entre o comezo da zona urbana en Nadela e o final da variante de Lugo; os sete quilómetros da N-555 entre o cruce coa N-550 en Redondela e o acceso á A-9... Velaí tres dos principais treitos onde se acumulan os accidentes en Galiza ano tras ano.
Reparando só nos tramos máis perigosos, Galiza suma o 16% do total estatal, só menos que Asturias, onde está o 28%, e Valencia e Murcia, respectivamente cun 19%. Así o indica o informe europeo sobre avaliación do risco en estrada, EuroRap, segundo o expón esta semana o real Automóbil Club, RACE.
Destacan ao respecto que a maioría de treitos con gran risco de accidentalidade están en vías convencionais. O estudo considera que o 77% dos sinistros prodúcense nese tipo de estradas, que suman tamén o 83% dos feridos. A maioría de vítimas prodúcense en desprazamentos curtos, e os meses de verán son os máis perigosos.