A plataforma ferrolá aproveita o Día de Galiza para presentar na capital as súas reivindicacións.
Desde as 11h e en principio até as 13h estará na Alameda de Santiago de Compostela unha mesa para a recollida de sinaturas en apoio da campaña que o Comité Cidadán de Emerxencia coordina pedindo polo traslado da planta de gas fóra da ría de Ferrol.
O colectivo chega á capital do país destacando a protesta contra o que cualifican de "sospeitoso e miserábel consenso de PSOE e BNG co PPdeG en todo o que ten que ver con Reganosa". "Deberían pensar de quen recibiron os votos e que co seu apoio a Reganosa están traballando para un poder económico de grupos privados que naceron na órbita do PP", reflexionan. "No caso Reganosa a Xunta non está traballando para o interese xeral dos galegos, senón para quen en Galiza quere ter o dereito de pernada, vulnerando a lexislacion vixente e amenazando a vida da poboación".