Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"UN NENO, UN PORTÁTIL"

Comeza a producción en masa do computador de cen dólares

Os ordenadores para cativos poderían estar no mercado a partir de outubro

Redacción - 13:40 24/07/2007
O OLCD XO

O OLCD XO

Nicholas Negroponte, o creador da ONG "Un neno, un portátil" (OLPC, segundo as súas siglas en inglés), deu orde aos subministradores do hardware para que lancen a produción en masa dos computadores XO. O profesor do Massachusetts Institute of Technology (MIT) espera pór o computador de 100 dólares en mans dos nenos dos países en desenvolvemento en outubro.

Walter Bender, xefe de desenvolvemento de software de OLPC, dixo que aínda queda por completar a programación do sistema. Calcúlase que o software estará terminado para comezos ou mediados de setembro.

A compañía taiwanesa Quanta, o maior fabricante mundial de portátiles, será a encargada de producir o XO, aínda que un gran número de provedores achegarán ata 800 pezas diferentes. A empresa californiana AMD fornecerá o elemento crave, o procesador de baixa enerxía.

Negroponte difundiu en 2002 a súa idea de fabricar portátiles a 100 dólares para os nenos dos países en desenvolvemento, co fin de proporcionarlles un medio educativo que suplise a súa carencia de libros.

O XO está perfectamente deseñado para o seu uso previsto: carcasa impermeable e irrompible, pantalla lexible a plena luz do sol, baterías recargables por enerxía mecánica ou solar, memoria flash en lugar de disco duro para evitar as avarías, e potentes antenas que permitirán aos pequenos usuarios conectarse entre si.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: