A boa educación sempre foi a mellor virtude dos criados. Un artigo de Leo F. Campos ilustrado por Xosé Carlos Hidalgo.
A boa educación sempre foi a mellor virtude dos criados. O premio, a pedra de azucre da pax lingüística, 30 anos de paz, logo de 30 años de paz. A paz dos cemiterios, onde xa hai máis galegofalantes ca nas poboacións.
O Decreto destapa o conflito lingüístico que acochaba o bilingüismo harmónico, a diglosia estilo siente un pobre a su mesa. A profe de Lengua fronte á de gallego. En Catalunya e Euskadi nunca houbo harmonía e gañan falantes, mentres aquí os perdemos.
Os idiomas non son sacas de patacas. Coñecer a sétima e a terceira linguas máis faladas do planeta garante máis capacidade lingüística. O monolingüismo en castelán -un de cada cinco mozos é incapaz de empregar o galego- condénanos a seguir sendo un dos estados de Europa menos dotado para as parlas. Pero claro, os tan gallegos prefiren isto a facer un mínimo esforzo de actualización pedagóxica.
E recorren, coma os EUA, á vitimización do verdugo. Tan gallegos como el gazpacho.
Artigo publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 122, xullo de 2007)