Na madrugada do día 21 de xaneiro será visible unha eclipse total de Lúa que comezará contra as 4 horas. O suceso poderá observarse no noso país, no resto de Europa occidental e en América. As eclipses de Lúa fórmanse cando a Terra proxecta a súa sombra sobre o satélite. Os astrónomos recoñecen tres tipos de eclipses lunares: a eclipse penumbral, a eclipse lunar parcial e a eclipse total. Durante a eclipse lunar total, a Terra bloquea toda a luz solar directa sobre a Lúa. Un astronauta situado na superficie do satélite estaría a observar unha eclipse de Sol, coa Terra tapando á estrela. Mäis información no Canal Ciencia de Vieiros.
.