Os científicos advirten do "vergoñoso fracaso" na loita contra a SIDA. Agoiran que en 2015 haberá en todo o mundo 60 millóns de enfermos pola síndrome.
"Menos dun terzo das persoas que viven co virus da SIDA en países pobres teñen acceso a menciñas que poden salvarlles a vida e aínda menos teñen acceso a servizos de prevención coma os preservativos ou as xeringas estériles". A queixa levouna a primeiro plano Pedro Cahn, co-presidente da Conferencia Internacional sobre Patoxénese e Tratamento do VIH, que comezou a pasada fin de semana en Sidney e que reúne a sete milleiros de expertos na enfermidade.
"A ciencia deunos os instrumentos para facer prevención e tratamento da SIDA dun xeito efectivo, pero resulta un vergoñento fracaso que non se lle estea trasladando esa ciencia á práctica diaria", afirmou Cahn.