Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
NO CONCURSO INTERNACIONAL DE BORDEOS

O Cuarteto Quiroga acadou dous novos premios internacionais

O Segundo Premio do Xurado dos Intérpretes e o Premio Único do Xurado da Crítica e a Prensa Internacional

Redacción - 18:30 22/07/2007

O Cuarteto Quiroga, que homenaxea a memoria do grande violinista galego Manuel Quiroga e da que é membro fundador o violinista ourensán Cibrán Sierra Vázquez, foi dobremente laureado no Concurso Internacional de Cuartetos de Corda de Bordeos, celebrado entre o 4 e o 9 de xullo no Grand Theatre da cidade francesa.

Nesta edición do certame especializado nos cuartetos de corda, un dos máis importantes de Europa e dos máis recoñecidos a escala mundial, foron seleccionados para participar 15 cuartetos pertencentes á novos músicos europeos deste xénero musical, procedentes de 8 países diferentes.

A formación de cámara recibiu nestes últimos dous anos premios nos Concursos Internacionais de Xenebra, París e no Palau de la Música de Barcelona. Os galardóns outorgados en Bordeos teñen unha relevancia histórica xa que é a primeira vez que un cuarteto de corda orixinario da Península Ibérica e especialmente e ligado con Galiza, entra no palmarés deste Concurso. Entre as formacións laureadas en anos anteriores cómpre lembrar aos hoxe consagrados cuartetos Hagen, Keller, Vogler, Belcea, Artis, Ysaye, Ebène, Takacs e moitos outros.

O cuarteto de corda ten como obxectivo principal homenaxear e difundir a memoria do grande violinista pontevedrés Manuel Quiroga, figura central da música europea do primeiro terzo do s. XX. Estes premios son un pulo extraordinario a esta labor, pois pouco a pouco o nome de Manuel Quiroga volve a soar nos escenarios europeos.

Este verán, o Cuarteto Quiroga ten unha apertada axenda que o leva por importantes festivais de todo o estado e por Francia, Italia e Austria. Entre outras citas, pasado 14 de xullo estivo no Festival de Musica de Cámara de Premià de Dalt, preto de Barcelona, en Galiza participou no Festival de Música Via Stellae con dous concertos o día 17 de xullo en Verín e o 18 en Caldas de Reis, e volve a terras galegas o día 24 de agosto, cun concerto dentro do Festival Internacional de Música de Ribadeo.

Cuarteto Quiroga

Aitor Hevia e Cibrán Sierra, violíns.
Lander Etxebarria, viola.
Helena Poggio, violonchelo.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: