O goberno uruguaio leva novamente a súa denuncia ao tribunal internacional, acusando o executivo arxentino de violar os tratados conxuntos autorizando a celulosa fronteiriza.
Será este venres, e apenas dez días antes de que cadansúa delegación arxentina e uruguaia se citen en Nova York para, coa mediación internacional, tratar de chegar a un acordo sobre o conflito polas pasteiras.
Arxentina acusara a Uruguai diante da Corte Internacional da Haia polo presunto incumprimento en até cinco ocasións do tratado común sobre o Río Uruguai, polo cal os dous países se comprometeran a facer consenso sobre calquera acción relacionada coas augas compartidas. O goberno uruguaio chega agora para responder ao documento presentado pola delegación do goberno Kirchner. O goberno de Tabaré Vázquez argumenta que non incumpriu o tratado e que o país veciño recibira a información correspondente aos proxectos.
Nos últimos días, ecoloxistas e labregos dos dous países volveron xuntar forzas na zona de Fray Bentos para protestar contra a construción da planta de Botnia, que está practicamente finalizada.