Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NON COBRARÁN POLAS SÚAS IDEAS

Sony ofrecerá videos feitos por aspirantes a directores de cine

Sony tenta introducirse no mercado dos videos en Internet cun sitio web chamado Crackle, que incluirá pequenos fragmentos de gravacións realizadas por aspirantes a diretores, cuxa produción foi financiada en moitos casos por Sony

Redacción - 13:02 18/07/2007

Crackle é a última encarnación de Grouper, un sitio web que comezou como un espazo para compartir música, fotos, e videos con amigos. Grouper converteuse nun clon de YouTube e foi adquirido en agosto por by Sony Pictures Entertainment por 65 millóns de dólares. Por aquel entón, Sony comentou que Grouper centraríase principalmente en videos creados polos usuarios, agardando que iso impulsase o uso do seu equipo de gravación de video caseiro.

Pero este enfoque apenas tivo tirón no mercado. Había moita competencia, especialmente do sitio YouTube, de Google, que se converteu no centro por excelencia dos vídeos creados polos usuarios. Ademais, Sony atopouse con que os anunciantes non atopaban moi atractivos os vídeos dos usuarios, si que decidiu que uns videos de maior calidade lle permitirían competir no mercado e atraer, ao mesmo tempo, aos anunciantes.

Outros sitios tentaron seguir este enfoque. Revver, por exemplo, prometeu compartir os ingresos por publicidade cos autores dos videos, pero fracasou. Sony, en cambio, ofrece o pago directo a algúns autores. Estes pagos, oscilarán entre uns cantos miles de dólares e uns 10.000 dólares por fragmento, sinala Josh Feltzer, fundador de Grouper e actualmente copresidente de Crackle. Bastante máis que o que ofrecen outros sitios que pagan polos fragmentos, como Heavy.com.

Sony creou unha unidade de empresa chamada Crackle Studios, con 15 empregados, que producirá os seus propios fragmentos de vídeo para o sitio. Un exemplo é Judgment Day, un reality show no que unha persoa emite un xuízo sobre outras e, a continuación, as entrevista para pescudar se as súas primeiras impresións eran corretas.

As persoas que envíen videos non solicitados non cobrarán, pero teñen a opción de enviar as súas ideas para obter financiamento de Crackle para futuros proxectos. Sony pretende converter Crackle no centro de toda unha nova xeración de mozos diretores de cine, coa esperanza de acadar a fama en producións dos estudos de televisión e cine de Sony. Os autores dos mellores videos de cada cuadrimestre gañarán unha viaxe a Os Ánxeles, onde terán a oportunidade de promocionar as súas ideas ante os executivos de Sony quen pretenden así ofrecerlles un camiño cara a Hollywood.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: