Despois de facer que o equipo estatal continuase no tenis de elite, ao gañar un seu partido na fin de semana, a pontevedresa segue a sumar triunfos.
A tenista galega pontevedresa Lourdes Domínguez vén de se converter na chave da permanecia do equipo estatal na Copa Federación e de gañarlle, na xornada da terza feira, á italiana Antonella Serra no torneo de tenis de Palermo, sobre terra batida.
A galega gañoulle á italiana por un duplo 6-3 e na xornada da cuarta vai pelexar coa rumana Sorana Cirstea polo chisco que lle toque dos 145.000 dólares que hai en premios neste torneo.