Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Conmemoracións e exposicións

Un século e cuarto de teatro en galego

O 13 de agosto de 1882 estreábase no Liceo Bergantiño da Coruña A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia, Drama de costumes gallegos en dous autos e un verso.

Redacción - 17:00 17/07/2007
A fonte do xuramento

A fonte do xuramento

Por esa altura aínda non se sabía da publicación, en 1849 d'A Casamenteira, de Antonio Bieito Fandiño, nin que existía a Contenda dos labradores de Caldelas, de Feixó de Araúxo, o único dramaturgo coñecido do século XVII. Este drama, escrito en plenos Séculos Escuros, foi dado a coñecer por Fermín Bouza Brey no 53, co título Entremés famoso en que se contiene la contienda que tubieron los labradores de la feligresía de Caldelas con los portoqueces sobre la pesca del río Miño. Año de 167...

A fonte do xuramento considérase a obra auroral do teatro galego. De la Iglesia tamén escribiría para o Orfeón Brigantino da Coruña as escenas ¡A Nosa Terra! e Os Ártabros, ambas musicadas por Pascual Veiga. Agora, 125 anos despois, celebramos por todo o alto a diversidade e forza das nosas artes escénicas.

Exposicións e funcións

Na XXIII Mostra de Ribadavia teremos ocasión de visitar a mostra 125 anos de teatro galego, e ademais, a Consellaría de Cultura, a través do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) puxo en marcha diversas iniciativas, a partir deste 13 de agosto. Entre elas, unha programación especial, complementaria da política de programacións estábeis.

Esta programación intégrana algunhas das montaxes máis destacadas dos últimos anos: para cativos, o traballo de Berrobambán Un conto que nin pintado, Glub Glub, de Caramuxo, as Alicias no médico de Sapristi, A viaxe de Efi, de La Imagina Machina, O Merlo Branco, de Talía, e máis títeres: Do, re, mi, Mozart xoga aquí, de Cachirulo, Teatro Buratini con Palabras de caramelo, os redondeláns Tanxarina con Os Narigudos, a tenra Unha de amor, de Artello, Golulá, de Galitoon, e Manolito en acción, de Trompicallo.

Ademais, outra artes escénicas como o circo intégranse tamén nesta proposta: Perigo: Zico, zaca, zuco buscando a mamá, de Zancalino, ou A cadeira voadora, de Sete Magníficos máis Un, ademais do clown de Mariclown, Día tras día. Tamén o cabaré da Compañía Femme Fatale, co seu Pasarrúas cabareteiro, e a última achega, tan próxima ao musical, da Factoría: Castronós. O baile. Ademais, a entroidada n'A Diáspora dos Quinquilláns e O cantante e as mulleres, de Migallas.

Teatro extremo co epílogo de Sarah Kane, Psicose, 4.48, interpretado por Nut Teatro, a comicidade de Mofa e Befa en Sempre ao lonxe, As últimas lúas, de lagarta, lagarta, o impresionante drama épico García, de Teatro do Adro, ou o Lazariño de Tormes, de Teatro do Morcego. Volvendo aos clásicos, un Shakespeare revisitado por Teatro do Noroeste, Romeo e Xulieta, e, en tçcanto ás tendencias máis innovadoras, Juanito Perighro, de Ciudadano Frame.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Chiqui Pereira e Clara Gayo en 'Un conto que nin pintado', de Berrobambán
Chiqui Pereira e Clara Gayo en 'Un conto que nin pintado', de Berrobambán
Sara Casasnovas é Xulieta na montaxe de Teatro do Noroeste
Sara Casasnovas é Xulieta na montaxe de Teatro do Noroeste